enteiro -ra

enteiro -ra

(< lat intēgru)

  1. adx
    1. Considerado na súa totalidade ou en toda a súa extensión.

      Ex: Pasou a noite enteira sen poder durmir.

    2. Que ten todas as súas partes, sen restricións e sen alteracións.

      Ex: Aínda queda unha bola enteira de pan.

    3. Que non sufriu ningún dano e non está roto.

      Ex: O cristal quedou enteiro despois do golpe.

  2. adx

    Aplícase á persoa que mantén a calma nunha situación difícil.

    Ex: Estaba moi enteiro cando lle deron a nova.

  3. adx [BOT]

    Aplícase ás follas ou a outros órganos laminares de marxes continuas.

  4. s m [MAT]

    Clase de equivalencia que a relación (a,b)R(c,d), se, e unicamente se, a+d=b+c, induce no conxunto do produto J´J, onde J é o conxunto dos números naturais. O conxunto destas clases de equivalencia, chamado conxunto cociente, é o conxunto dos números enteiros M={90,91,92,93,...}. Denomínanse enteiros positivos os números representados por +m; se teñen a forma -m denomínanse enteiros negativos; o elemento 0 é o enteiro nulo. No conxunto M defínense dúas operacións: a suma e o produto. Con estas definicións, M é un grupo aditivo, e xunto co produto, goza da estrutura de anel.

  5. enteiro postal [FILAT]

    Sobre, aerograma ou tarxeta que leva impresa a taxa de circulación, normalmente emulando un selo no recanto habitual.

Frases feitas

  • Por enteiro loc adv De forma completa.

Palabras veciñas

Entecada, pico de la | enteireza | enteirizo -za | enteiro -ra | enteleigar | entelequia | Entelurus