entelequia
entelequia
(
-
s
f
[FILOS]
Termo ideado por Aristóteles para designar o feito de posuír a perfección. No s XVII, W. G. Leibniz definiuna como todas as substancias creadas, xa que teñen en si unha certa perfección e unha certa capacidade para seren autosuficientes, o que as fai fontes de accións internas. Nas doutrinas vitalistas é sinónimo de forza vital.
-
s
f
[FILOS]
Realidade que é perfecta en si mesma e que, por conseguinte, posúe o principio do seu ser.