enterobacteriáceo -a
enterobacteriáceo -a
(
-
adx
Pertencente ou relativo ás enterobacteriáceas.
-
s
f
[MONERA]
Bacteria da familia das enterobacteriáceas.
-
s
f pl
[MONERA]
Familia de bacterias Gram-negativas, en forma de bacilos, anaerobias facultativas, fermentadoras de glícidos e non formadoras de esporas. Forman parte da microbiota normal de moitos animais, incluído o ser humano, e tamén se localizan no chan e en medios acuáticos. Inclúe xéneros patóxenos oportunistas como Escherichia, Salmonella ou Klebsiella, e xéneros patóxenos obrigados como Shigella, todos eles causantes de enfermidades intestinais como a disentería bacilar, as febres tifoides e paratifoides e a colite. Comprende outros xéneros característicos como Yersinia, Proteus e Enterobacter.