eolípila
eolípila
(< lat aeolipĭla ‘bólade Eolo’)
s
f
[TECNOL]
Turbina primitiva de reacción, descuberta por Herón de Alexandría. Consistía nunha esfera oca que podía xirar ao redor do seu eixe vertical e que se soportaba por un tubo que a comunicaba cun recipiente, onde se producía vapor de auga. A esfera estaba provista de dúas biquelas situadas nos extremos do diámetro, perpendicular ao eixo de rotación en direccións tanxenciais opostas. A presión do vapor ao saír polas biquelas facía xirar a esfera.