equipo
(< equipar)
-
s
m
Conxunto de cousas, como roupa ou obxectos, necesarias para equipar a alguén.
Ex: Un mes antes de marchar para o cámping xa tiña o equipo preparado.
-
-
s
m
Conxunto de ferramentas, instrumentos, máquinas ou aparatos especiais para efectuar un traballo, unha actividade ou para facer funcionar unha instalación.
Ex: Os bombeiros necesitan renovar os seus equipos. Comprou un equipo de música.
Sinónimos: equipamento. -
[INFORM]
Conxunto integrado por un ordenador e todos os periféricos conectados a el.
-
s
m
-
-
s
m
Grupo de persoas organizado para levar a cabo un obxectivo determinado.
Ex: Traballa nun equipo de lexicógrafos.
-
equipo de redacción/editorial
[GRÁF]
Conxunto de redactores e técnicos editoriais que, dirixidos por un director de edición, contribúen á redacción e realización dunha obra lexicográfica, enciclopédica ou doutro tipo.
-
s
m
-
s
m
[DEP]
Colectivo de persoas que de forma organizada disputan unha competición deportiva en representación dunha sociedade ou club, e que obteñen unha clasificación conxunta ao remate da mesma.
-
equipos psicopedagóxicos de apoio
[EDUC]
Equipos que se crearon en Galicia no ano 1985 como elementos de apoio aos centros educativos no ámbito do diagnóstico, orientación e integración dos escolares. Naceron como resultado da fusión doutros dous elementos que actuaban no ámbito escolar: o Servicio de Orientación Escolar e Vocacional (SOEV) e os Equipos Multiprofesionais. Ambos tiñan carácter estatal ata que, despois do traspaso de competencias en Galicia (1982), foron regulados baixo dependencia autonómica (1983) e continuaron funcionando ata a creación dos EPsA. Estaban formados, principalmente, por psicólogos e pedagogos, aínda que nalgún caso existían tamén asistentes sociais, e no ano 1986 incrementáronse de forma xeneralizada con especialistas en audición e linguaxe. As súas principais funcións eran: a prevención educativa, detección precoz das deficiencias, valoración pluridimensional, elaboración e seguimento de programas de desenvolvemento individual, orientación escolar, asesoramento e información aos profesores titores e ás familias, colaboración no deseño de necesidades do sector e coordinación das actividades dos departamentos de orientación dos centros públicos. Dunha forma máis específica, e desempeñadas polos especialistas correspondentes, tamén se realizaban tarefas de orientación ao profesorado nos problemas de audición e linguaxe, de colaboración na elaboración de programas dirixidos ao tratamento destas dificultades e de intervención directa na rehabilitación de problemas na audición e linguaxe dos alumnos. Estes equipos, que configuraron a única estrutura de apoio externo en Galicia ata o ano 1998, desapareceron nese mesmo ano co novo modelo de Orientación, proposto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e case todos os profesionais que os integraban pasaron a desenvolver funcións de orientación nos Departamentos de Orientación dos Institutos de Educación Secundaria -que xa viñan experimentando Proxectos de Orientación desde o ano 1988- ou, nalgúns casos, nos Departamentos de Orientación dos Centros de Educación Infantil e Primaria. Un reducido grupo destes profesionais pasou a formar parte, en cada capital de provincia e en Santiago de Compostela, dun novo elemento denominado Equipo Específico, de ámbito provincial, formado por profesionais especializados nun ámbito ou dificultade específica: orientación vocacional e profesional, sobredotación intelectual, discapacidades sensoriais e motoras, trastornos de conduta, trastornos xeneralizados do desenvolvemento, dificultades da linguaxe e a audición, e orientación socioeducativa e familiar.