Equipo 57

Equipo 57

Grupo artístico español fundado en París en 1957 e disolto en 1962. Compuxérono José Cuenca, Ángel Duarte, José Duarte, Agustín Ibarrola e Juan Serrano. Opuxéronse ao informalismo e defenderon unha arte normativa e analítica. No seu manifesto teórico propuxeron a colaboración entre as diversas manifestacións artísticas, pois rexeitaban a división tradicional entre arquitectura, pintura e escultura. Mostraron preocupación polo papel do artista na sociedade e pola función social da arte e rexeitaron os circuítos comerciais. Disolvéronse en 1962.