eranos

eranos

(< gr ἕρανος  ‘comida en común’)

s m [HIST]

Sociedade de amigos característica da Atenas da época clásica. Reuníanse ciclicamente para realizar festas e comidas co diñeiro que recollían mediante cotas. Perviviron durante o helenismo e o Imperio Romano pero evolucionaron e transformáronse en asociacións de axuda mutua.

Palabras veciñas

Era, La | Eragrostis | Erandio | eranos | Érard, Sébastien | erario | Erasístrato