erario
(< lat aerarĭu)
-
s
m
Conxunto dos bens públicos dun estado, provincia ou concello.
Confrontacións: tesouro, fisco. -
s
m
[HIST]
Tesouro público na antiga Roma. Durante a época dos reis (753 a C-509 a C) os fondos que se recadaban, fundamentalmente en especie, estaban sometidos á dirección do monarca e destinados a facer fronte aos gastos do culto e do exército. Na República (509 a C-31 a C) os ingresos do territorio estaban administrados por dous cuestores e centralizábanse no templo de Saturno (aerarium Saturni). No Imperio, durante o goberno de Octavio Augusto, o tesouro público repartiuse entre o fisco imperial e o erario, composto polos fondos recadados polos cuestores en cada unha das provincias administradas polo Senado. Dende o 28 d C os fondos administráronos dous praefecti aerarii, nomeados polo Senado, e durante o goberno de Nerón (54-68) substituíronse por dous prefectos designados polo emperador. Perdeu paulatinamente as súas funcións e no s III converteuse na caixa municipal de Roma.
-
s
m
[HIST]
Lugar onde se gardaba o tesouro público.