Erik Thorvaldsson

Erik Thorvaldsson

o Vermello (Jaeren 940? - Brattalid 1010?) Explorador noruegués. Aínda que naceu en Noruega, viviu en Islandia ata ser condenado ao exilio por asasinato. Viaxou no 985 cara ao NO e descubriu as costas de Groenlandia, ás que deu ese nome pola cor verde dos seus prados litorais. En 998 volveu a Islandia en busca de colonos e regresou para instalarse alí, onde morreu.