Erigeron
Erigeron
Xénero de herbáceas pilosas, da familia das asteráceas, coas máis das follas basais, flores de cor púrpura e tubulosas, en inflorescencias formadas por un receptáculo sen escamas e brácteas en varias fileiras. Os froitos son aquenios e presentan papo. En Galicia están presentes as especies: E. acer, en lugares secos, pedregosos e areosos; E. annuus, en terreos claros do N do país; E. diplopappoides, naturalizada no noroeste; e E. karvinskianus, en paredes e rochas de toda Galicia.