Eros

Eros
[ASTRON]

Asteroide número 433 do catálogo, descuberto por Witt desde Berlín en 1898. A súa órbita ten unha excentricidade de 0,22 e o seu período de revolución é de 643 días. É o primeiro asteroide que se coñece cunha órbita parcialmente interior á de Marte. O seu brillo presenta variacións periódicas. Ten forma alongada, cunhas dimensións de 36´12 km. O 12 de febreiro de 2001 a sonda Near Shoemaker descendeu, despois de realizar un mapa completo do asteroide, sobre a súa superficie; deste xeito converteuse na primeira sonda que se pousa sobre un corpo celeste pequeno.

Palabras veciñas

Erophila | eros | Eros | Eros | Eros en Espiral | Erosa | Erosa, Xosé