Erophila
Erophila
[PLANTA]
Xénero de herbáceas anuais, da familia das brasicáceas, de follas enteiras e dispostas en mouta basal, de flores con pétalos de cor branca, profundamente bífidos, e froitos en silícula plana. En Galicia están presentes as especies, E. verna, en ambientes ruderais, e E. vesicaria, en cultivos e ermos.