Erotikon

Erotikon
[IMAX]

Produción cinematográfica sueca realizada en 1920. Foi dirixida por Mauritz Stiller e interpretada por Anders de Wahl, Tora Teje, Lars Hanson, Karin Molander e Vilhelm Bryde, entre outros. É unha comedia de enredo con elementos de sensualidade que influíu moito en directores centroeuropeos como Lubitsch ou Gustav Machatý.

Palabras veciñas

erot(o)- | erotema | erótico -ca | Erotikon | erotílido -da | erotismo | erotización