erotismo
(< erot- + -ismo)
-
s
m
[PSIC]
Busca, investigación ou evocación do pracer que enriquece as posibilidades do desexo sexual. Implica unha disposición e un conxunto de recursos da imaxinación para mobilizar a sensualidade baixo a presión daquel desexo. É unha canle vital de comunicación, porque se vale de toda clase de xestos que lle dan á sensualidade unha dimensión subxectiva e persoal que comporta unha liberación sexual. As culturas orientais e outras fixeron do erotismo unha relixión, unha arte ou unha ciencia; pola contra, a civilización xudeocristiá negoulle toda dimensión espiritual e converteuno en algo vergonzoso e pecaminoso. O erotismo é un concepto ambiguo que foi empregado segundo as ideoloxías e as mentalidades. Esta ambigüidade reflectiuse nas lexislacións occidentais, que crearon unha dicotomía, puramente subxectiva, entre erotismo considerado arte e pornografía considerada pura artesanía comercial ou groseira.
-
s
m
Calidade ou condición de erótico.