Eruca
Eruca
[PLANTA]
Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, representado en Galicia pola especie E. vesicaria, propia de cultivos e ermos. Constitúe unha planta pilosa, principalmente na parte inferior, de follas basais en mouta, pecioladas e lobuladas, e follas superiores reducidas e sésiles. As flores teñen sépalos erectos de ata 11 mm e pétalos de ata 22 mm de cor amarela e con nervacións violáceas. Os froitos son silicuas de ata 6 mm de ancho.