esclerótica

esclerótica

(< grσκληρός ‘duro’)

s f [ANAT]

Membrana externa do globo ocular, formada por feixes de fibras de coláxeno imbricados de forma irregular, que se estende dende a córnea ao nervio óptico. Na parte posterior ten unha serie de orificios que constitúen a lámina cribosa, por onde saen as fibras do nervio óptico. É opaca, branca e resistente, e corresponde á zona do branco do ollo. Ten como función soportar e protexer as estruturas internas do ollo e servir de base para a inserción da musculatura extrínseca ocular.

Palabras veciñas

esclerose | esclerosepto | escleroso -sa | esclerótica | esclerótico -ca | esclusa | Esclusa, Manel