Escolástica

Escolástica
[ONOM]

Nome latino scholastĭcus ‘que segue as normas da escola, escolar’, derivado do grego scholē (σχολ ή ) ‘vagar, estudio, escola’. A santa que levaba este nome era a irmá de san Bieito (s VI) e fundou o primeiro mosteiro de monxas bieitas, preto de Montecassino. Na iconografía viste hábito negro con toucas brancas; e leva como atributos xerais, un báculo abacial e un libro da Regra; e como atributos persoais, unha pomba branca sobre un libro (símbolo da súa alma). A súa festividade celébrase o 10 de febreiro.