escorpénido -da
escorpénido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos escorpénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos escorpénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes mariños, da subclase dos actinopterixios, de corpo groso e oblongo, talle mediano ou pequeno, coa cabeza parcialmente acoirazada e armada con espiñas, unha única aleta dorsal espiñenta, ollos grandes en posición moi elevada e unha boca grande e protráctil, que contén nos maxilares, vómer e palatino, numerosos dentes pequenos e finos. Moitas especies son vivíparas. Cazan á espreita agardando nos fondos grazas á súa coloración críptica. Distribúense en mares cálidos e temperados e, a maioría, son velenosas. Nas costas galegas están representados polos xéneros Helicolenus, Pontinus, Sebastes, Scorpaena e Trachyscorpia.