Escravitude

Escravitude
[ONOM]

Antropónimo feminino que ten a súa orixe na voz escravo, termo procedente do grego bizantino sklavos ‘escravo’ e ‘eslavo’, derivado regresivo de sklvinós ‘escravo’, e este, á súa vez, de Sloveninu, nome propio que se daba a si mesma a familia de pobos eslavos que foi víctima do tráfico escravista no Oriente medieval. Presenta o hipocorístico Tuta. O santuario mariano de Nosa Señora da Escravitude ou Virxe da Fonte Santa está situado en Cruces, Padrón (arciprestado de Iria). Na iconografía represéntase a María co neno no colo, apoiando os pés no van da nai; a Virxe leva na man dereita unha froita para entreter o cativo e vai vestida con túnica e manto. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.