esotérico -ca
esotérico -ca
(< gr ἐσωτερικός‘interior, oculto’)
-
adx
[FILOS]
Aplícase ás ensinanzas e coñecementos que só se transmiten a persoas sometidas a probas iniciáticas. Este termo creouse no s II para referirse ás obras máis difíciles de Aristóteles, nas que aparecen os argumentos máis escuros e decisivos, dirixidas aos alumnos máis avanzados; fronte a estas están as exotéricas, máis accesibles e claras, para os seus discípulos non iniciados. Posteriormente, aplicaríase ás doutrinas do círculo de Pitágoras co valor de ‘secreto’.
-
adx
[FILOS]
Aplícase aos filósofos da Antigüidade iniciados na filosofía do mestre.
-
adx
Escuro e incomprensible para aqueles que non coñecen o segredo.