esoterismo

esoterismo

(< esóterico)

  1. s m [FILOS]
    1. Doutrina ou prácticas ocultas relacionadas co mundo espiritual, dirixidas a un círculo restrinxido de iniciados.

    2. Calidade de esotérico.

  2. s m
    1. [FILOS]

      Parte da filosofía pitagórica, cabalística ou análoga que non era coñecida polos profanos. O esoterismo foi practicado polas comunidades filosóficas de Grecia e tamén polas relixións primitivas; como exemplo, nos primeiros séculos do cristianismo, aplícase á disciplina do arcano.

    2. Doutrina que require certo grao de iniciación.

Palabras veciñas

esópico -ca | Esopo | esotérico -ca | esoterismo | esoutro -tra | Esox | esóxeno -na