Espiña, pazo da

Espiña, pazo da

Construción situada en Santa María de Pacios (Baralla). Ten planta en forma de U con dúas alturas e conserva a capela pegada á fachada principal; esta construíuse con perpiaños e o resto do edificio con cachotería lucida e pintada. Nela destacan dous balcóns que enmarcan a portada, tres escudos e unha imaxe da Virxe. O terreo está rodeado por un muro de pedra.