esprit des lois, De l’

esprit des lois, De l’
Nome científico: [O espírito das leis]
[LIT/FILOS]

Obra de Charles Louis de Secondat Montesquieu publicada en 1748 co título de De l’esprit des loix ou, du rapport que les loix doivent avoir avec la Constitution de chaque gouvernement, les mours, le climat, la religion, le commerce, etc (O espírito das leis ou, o informe que as leis deben ter coa Constitución de cada goberno, os costumes, o clima, a relixión, o comercio, etc). Publicouse en Xenebra sen o nome do autor e ata 1758 non se publicou a edición definitiva con correccións do propio Montesquieu. Nela estudiou as relacións das leis con todo o que as determina desde a constitución política ata a relixión. Clasificou os tipos de goberno aplicándolles características propias do home. O sistema democrático foi identificado coa virtude; a monarquía, co honor e o despotismo; co medo. Para Montesquieu, o sistema político ideal era o británico, onde se conxugaban a orde e a liberdade xunto coa separación de poderes. Avogou polas reformas polo que se opuxo á escravitude, ás torturas e ao fanatismo.