esprú

esprú

(< holandés sprouw ‘afta’)

  1. s m [PAT]

    Síndrome caracterizada por unha deficiencia na absorción intestinal. Presenta os síntomas derivados das deficiencias nutricionais dos que vai acompañado.

  2. esprú non tropical [PAT]

    celiaquía.

  3. esprú tropical [PAT]

    Enfermidade de malabsorción de causa pouco coñecida que afecta a persoas residentes ou visitantes de rexións tropicais e subtropicais. A mucosa do intestino delgado presenta alteracións estruturais típicas que provocan unha serie de síntomas dos que os máis relevantes son: anorexia, diarrea, anemia, adelgazamento, trastornos diversos da nutrición e distensión abdominal.