Esquerda Nacionalista

Esquerda Nacionalista

Partido político fundado na asemblea do 28 de outubro de 1995 no Carballiño, que reuniu un colectivo de independentes no seo do BNG, creado co mesmo nome tres anos antes (4 de abril de 1992). Inscribiuse ideoloxicamente dentro do socialismo democrático e tiña como secretario xeral a Alberte Xulio Rodríguez Feixóo.