Estado Novo
Estado Novo
Sistema político xurdido en Portugal tralo golpe de estado de maio de 1926 que derribou a Primeira República e instaurou unha ditadura militar liderada por António de Oliveira Salazar. Establecido a través da Constitución de 1933, baseábase na intervención do Estado na vida económica e social, no autoritarismo gobernamental, no corporativismo e na doutrina social da Igrexa. Mantívose ata a Revolución do 25 de abril de 1974.