estar

estar

(< lat stāre)

  1. v i

    Ter ou posuír un suxeito unhas determinadas calidades ou condicións.

    Ex: Estou moi canso. A súa casa sempre estaba chea de merda.

  2. v i

    Existir ou atoparse algo ou alguén durante un certo tempo nun lugar ou situación.

    Ex: Estiven na casa toda a tarde. Está en Barcelona desde os doce anos. Estaba todas as mañás sentado no sofá.

  3. v i

    Quedar ou sentar algo, especialmente unha peza de roupa, da maneira que se expresa.

    Ex: O vestido estalle un pouco grande. Estáballe moi ben o traxe que levou á voda.

  4. v i

    Encontrarse algo, despois de pasar por un proceso, listo ou rematado.

    Ex: Xa está o xantar?

  5. v i

    Facer ruídos molestos, por exemplo ao arrastrar algo ou ao chocar certas cousas.

  6. v i

    Facer barullo por mor dunha pelexa ou dunha discusión.

Frases feitas

  • 2 Ter unha boa recomendación.

  • Estar (me, lle...) ben. Ter merecido alguén o que lle aconteceu. Ex: Estíovoche ben!, se quedaras na casa non che pasaba.

  • Estar (metido) no allo. Estar alguén implicado en algo, normalmente nunha situación pouco clara.

  • Estar a bravo 1 Sen educación

  • Estar a rastro/polo chan. Estar o prezo de algo moi baixo.

  • Estar a. Ter algo o prezo que se expresa. Ex: As sardiñas estábanche a seis euros.

  • Estar aí posto por alguén. Aplícase a unha persoa que traballa pouco.

  • Estar chegado. Estar maduro.

  • Estar cheo coma un pélago. Estar farto de comer e beber.

  • Estar coa barriga á boca. Estar a punto de parir.

  • Estar coma as rosas. Estar guapo e gozar de boa saúde.

  • Estar coma un carabullo/un fío/un fiúncho/un pau de virar as tripas/unha argana/unha estriga/unha gumia/unha lombriga/un bacallau polo rabo/Estar na espiña/Estar feito un cascallo/un coiro/un pistraca/Estar caendo aos palancos/Estar seco como as varas dun caínzo. Estar moi delgado.

  • Estar coma unha cabra/unha caldeira/unha caldeireta/unha chiva/ unha chota/unha criba. Estar tolo e facer cousas aloucadas.

  • Estar como un palleiro. Estar todo moi desordenado.

  • Estar cos ollos no demo. Estar argallando algo malo.

  • Estar dálle que dálle 1 Traballar moito.

  • Estar de días 1 Ser o aniversario de alguén.

  • Estar de parte de. Ser partidario ou estar a favor de alguén.

  • Estar en Belén. Facerse alguén o tolo.

  • Estar en bo andar. Aplícase a un traballo ou unha obra que xa vai avanzada.

  • Estar en todo. Ter na cabeza moitas cousas á vez e non esquecerse de ningunha.

  • Estar en xebre. Estar alguén en xaxún.

  • Estar encoveirado. Estar alguén moi esbrancuxado, como se estivese morto.

  • Estar entre catro velas/Estar comendo terra/ con Deus. Estar morto.

  • Estar envoltos. Viviren xuntas dúas persoas sen estar casadas.

  • Estar esgazado/moído como o sal. Estar moi canso.

  • Estar feito á brosa/á machada. Ser moi bruto ou estar feito algo sen moito coidado.

  • Estar feito un abril/Estar para gastar unhas mangas novas. Estar alguén, normalmente de idade, moi lúcido e moi cheo de vida.

  • Estar feito un pito/un pito afogado/un pito coirés/Estar coma a lama/a pistraca/unha boira/unha troita/unha troita no río/un sapo/Estar pinganciño/pingandiño/pingando/nun pingo. Estar moi mollado.. Estar moi mollado.

  • Estar lampo. Faltarlle a alguén os dentes.

  • Estar mancado de. Atoparse enfermo por algo.

  • Estar mangado. Estar suxeito a algo.

  • Estar mexando o de arriba. Chover.

  • Estar moi mal da chola. Ter pouco sentido ou ningún.

  • Estar negro. Estar alguén moi preocupado por algo.

  • Estar no cabo do conto. Saber todo sobre un determinado asunto.

  • Estar no mundo por estar 1 Non lle quedar a alguén xa nada importante que facer na vida.

  • Estar no urco. Estar xa metido na sepultura.

  • Estar nun brete. Pasar por unha situación apurada.

  • Estar por detrás de moitas lúas. Aplícase a aquilo que custa moito conseguilo.

  • 2 Estar insistindo sempre na mesma cousa.

  • 2 Estar moi gordo.

  • 2 Estar sen facer nada.

  • 2 Faltarlle pouco a unha femia para parir.

  • 2 Non ter un can.

  • 2 Ter ou manifestar excitación sexual.

  • 2 Aplícase ás terras que están sen traballar.

  • 2 Estar alguén de santo.

  • 2 Estar enfermo.

  • 2 Estar un proxecto ou unha situación sen desenvolverse por completo.

  • 2 Estar unha situación moi complicada.

  • 2 Por moi pouquiño. Ex: O dente estalle enganchado por un fío.

  • 2 Ter coñecemento dalgunha cousa.

  • 2 Vir o vento da dirección que se expresa. Ex: Estache do norte e parece que vai chover.

  • 2 Vivir miserablemente.

  • Estar (algo) por + inf. Estar aínda sen realizar a acción que expresa o infinitivo. Ex: Aínda temos por levantar máis de medio campo de patacas.

  • Estar (alguén) por. Ser partidario do que se expresa. Ex: Estivo por marchar da casa moitas veces. Sempre estivo polo neto máis vello.

  • Estar (moi) verde 1 Non estar unha persoa capacitada ou preparada para algo.

  • Estar a + inf/Estar a + xer. Perífrase aspectual imperfectiva que expresa que a acción que indica o segundo verbo acontece no mesmo momento do que se fala. Ex: Está todos os días a refacer o conto que escribiu. Está recordando a cada paso o que lle aconteceu.

  • Estar a ben/mal/a matar/de punta. Levárense ben/mal dúas ou máis persoas.

  • Estar a enredar. Perder o tempo.

  • Estar á escoita/á espreita. Estar en disposición de escoitar algo que interesa, para obrar logo en consecuencia.

  • Estar a lúa no couce. Estar a lúa ao final do devalo.

  • Estar a mal co seu diñeiro. Gastar todo o que se ten.

  • Estar a monte virón. Estar ignorante de algo.

  • Estar á morte/a morrer. Atoparse mal alguén. Ex: Esta noite fíxome mal a cea e estiven a morrer.

  • Estar á porta de alguén coma cantariño de auga. Facerse ilusións cunha persoa que non corresponde no amor.

  • Estar a punto aberto. Suceder unha cousa porque estaba predestinada.

  • Estar á que salta. Aproveitar calquera ocasión para realizar algo.

  • Estar á tenza de algo/alguén. Vivir a expensas de algo.

  • Estar a todo. Atender varias cousas a un tempo.

  • Estar a un pan e a un coitelo. Aplícase ao que vive mantido na casa doutro.

  • Estar a velas vir/a ver vir as cousas/Estar man sobre man/Estar ao que veña/Estar metido na cinza/Estar facendo as moscas/Estar amorrallado xunto ao lume coma can torrado. Estar sen facer nada.

  • Estar a/ó caer. Estar a piques de acontecer algo.

  • Estar a/ó caer. Estar algunha cousa a punto de acontecer.

  • Estar a/para + inf. Perífrase temporal de inminencia que expresa unha acción que está a piques de acontecer. Ex: Está a saír a nova edición do libro. Está para marchar da casa. OBS: Co verbo en pasado indica que a acción estivo a piques de acontecer pero que non aconteceu. Estiven a dicirlle toda a verdade. Estivo para ir traballar ao estranxeiro.

  • Estar abrindo a panoia/a boca/Estar nas nubes/nas patacas/nos biosbardos/ no limbo/no aire/Estar ás moscas/Estar feito un papainas/Estar na aldea e non ver as casas/Estar na horta e non ver as verzas/Estar na parra e non ver as uvas/Estar no tren que vai a Carral. Estar distraído.

  • Estar acabado dos anos. Estar unha persoa moi vella para os anos que ten.

  • Estar achiscado. Estar contento pola bebida.

  • Estar afiunzado. Firme nun propósito.

  • Estar afogado 1 Ter moito traballo.

  • Estar afrontado. Respirar con dificultade.

  • Estar ao abrigo de. Estar baixo a protección de algo.

  • Estar ao cabo. Darse conta dalgunha cousa.

  • Estar ao tanto 1 Prestar atención a algo.

  • Estar ao tanto de moitas cousas caladas. Saber alguén máis cousas do que aparenta saber.

  • Estar ao tusmo. Mostrar moita curiosidade por algo.

  • Estar apañado/aviado. Expresión que indica contrariedade. Ex: Así que pensas que mentimos, estámosche aviados! Se lles fas caso estás aviado, non sabes o problemáticos que son eses rapaces.

  • Estar ás portas da morte/Estar entre a vida e a morte/Estar entre o caldeiro e a cruz/Estar despachado de todo/ Estar nas boquexadas/Estar nas últimas/dando as últimas/Estar como ha de ir/Estar no cabo (dos seus días)/Estar cun pé na cova/Estar en tránsito/transo. Estar a punto de morrer.

  • Estar ata as orellas. Non aguantar máis unha situación.

  • Estar atado aos cartos. Ser un avarento.

  • Estar atado de pés e mans. Non poder actuar nin facer nada. Ex: Non podo facer nada porque neste caso estou atado de pés e mans.

  • Estar atrollado/ enlagado. Pasar alguén por serias dificultades.

  • Estar avesío. Estar un día húmido e neboento.

  • Estar ben caído nun oficio. Sacarlle proveito a un traballo.

  • Estar ben calzado 1 Estar unha persoa moi borracha.

  • Estar ben forrado. Ter moitos cartos.

  • Estar ben sabido de algo. Ter a certeza dalgunha cousa.

  • Estar ben sentado coma bo torrón. Aplícase á árbore que está ben enraizada.

  • Estar botando as mantas no hospital. Ser unha persoa moi entremetida.

  • Estar co pé na estribeira/Estar coas esporas postas. Estar disposto para facer algo.

  • Estar co pé no estribo. Andar sempre en danza.

  • Estar coa alma nun fío. Estar moi preocupado por algunha cousa.

  • Estar coa boca aberta. Estar apampado.

  • Estar coa casca no cu. Ter alguén pouca experiencia ou madureza en algo.

  • Estar coa volta/Estar coma un río. Ter diarrea.

  • Estar coma a/unha noite. Estar moi triste.

  • Estar coma na man. Estar ou ter algo seguro.

  • Estar coma o mel na ola. Aplícase ao estado do ceo cando está moi nubrado.

  • Estar coma un baluro/un bazuncho/un bocoi/un rebolo/un zoncho. Estar moi gordo.

  • Estar coma un buxo/un carballo/ Estar forte coma un breu. Estar moi forte.

  • Estar coma un odre 1 Estar farto de comer e beber.

  • Estar como unhas castañolas/Estar de xolda. Estar moi contento.

  • Estar con bo pé. Ter boa sorte.

  • Estar consumido. Ter mal aspecto por mor dunha enfermidade.

  • Estar cortados pola mesma tesoira/polo mesmo patrón. Ser moi parecidas dúas persoas no físico ou na maneira de actuar.

  • Estar cos ollos abertos. Estar atento e preparado por se acontece algo.

  • Estar cosido. Aplícase a quen come moito e non engorda.

  • Estar cuco. Estar guapo.

  • Estar dado a todos os demos/Estar aceirado/Estar de escorna a cabra/Estar de fociños/Estar de mala gaita/Estar de malas/Estar enteiroado/Estar que pisa en mala herba/Estar que bota escuma pola boca/Estar un que bota fume/que fende as nubes/que rabea/Estar levado da breca/do(s) demo(s). Estar alguén moi enfadado por algo.

  • Estar daquela maneira. Que non está demasiado ben.

  • Estar de 1 Presentar o tempo, o día, etc as características propias da época ou da estación que se expresa. Ex: Estache un día de verán.

  • Estar de bo ano. Ter bo aspecto.

  • Estar de cansavacas. Non ter ganas de facer nada.

  • Estar de chanza/de chola/de chos/de xenio. Estar de bo humor.

  • Estar de concello. Estar sempre falando.

  • Estar de corpo presente. Estar un morto no ataúde, aínda sen enterrar.

  • Estar de Deus que. Estar algo predestinado a que aconteza dunha forma determinada.

  • Estar de máis. Sobrar alguén.

  • Estar de moi bo ano. Ter alguén boa sorte.

  • Estar de orella. Gardar cama unha persoa

  • Estar de pé atrás. Desconfiar de alguén.

  • Estar de poulo. Estar unha extensión de terreo sen traballar.

  • Estar de volta de. Ter alguén experiencia nun determinado tema ou problema.

  • Estar descalzo de pé e perna/Estar feito un bo garranfañas. Ser alguén moi pobre.

  • Estar descontando/

  • Estar doente 1 Estar moi incomodado.

  • Estar dun día para outro/Estar dunha hora para outra 1 Faltarlle a alguén pouco para morrer.

  • Estar en brasas. Estar desacougado.

  • Estar en cabelo. Andar co cabelo solto.

  • Estar en carnes/en coiros. Estar alguén espido.

  • Estar en danza. Andar dun lado para outro por algún motivo importante.

  • Estar en pé de guerra. Estar preparado para realizar unha acción co fin de defenderse de algo ou de alguén.

  • Estar enchoiado/lévedo/cego por alguén. Estar namorado doutra persoa.

  • Estar encotrado. Estar algo moi cheo de sucidade.

  • Estar entre a bigornia e o martelo/Estar entre a porta e a pecheira/Estar entre o eixe e a roda/Estar co barazo/Estar coa corda ao pescozo/Estar coa auga ata a boca/Estar coma tres nunha bouza cun zapato/Estar na bouza sen zocos nin zapatos. Pasar alguén por unha situación apurada.

  • Estar entre dúas augas. Estar alguén dubidando entre dúas ou máis opcións que se poden elixir e que se presentan nunha situación determinada.

  • Estar falando con Deus. Estar alguén xa morto.

  • Estar feito de fel e vinagre. Ser alguén moi propenso a encolerizarse.

  • Estar feito un can/unha fera brava. Estar rabioso.

  • Estar feito unha uva/Estar coma unha uva/unha cuba/un bocoi. Estar moi borracho.

  • Estar gardada para un. Aplícase a aquela situación, normalmente mala, que estaba predestinada para alguén.

  • Estar limpo de po e palla. Non ter nada que ver nun asunto.

  • Estar na agulla o pan. Aplícase a aquilo que xa acabou de xerminar.

  • Estar na cama. Estar enfermo.

  • Estar no cu do mundo. Estar algo moi lonxe.

  • Estar no papo/no talego. Dar por feita unha cousa.

  • Estar no seu acordo. Ter alguén ben o entendemento.

  • Estar nun tris (que). Faltar pouco para que aconteza algo.

  • Estar ou ao vado ou á ponte. Non estar as dúas cousas ao mesmo tempo.

  • Estar para pouco. Non estar unha persoa para moitos trotes.

  • Estar pensando na morte da ovella e non saber de qué mal morreu ela/na morte da burra. Estar alguén embobado.

  • Estar polas nubes unha cousa. Ser algo moi caro.

  • Estar polo mar. Estar alguén moi anoxado.

  • Estar por tras da cortina. Dirixir algo sen que se saiba.

  • Estar por un fío 1 Presentar algo unha condición precaria.

  • Estar porta con porta. Seren veciñas dúas persoas.

  • Estar prestes a. Estar preparados para facer algo.

  • Estar que arde 1 Estar alguén moi enfadado.

  • Estar que dá noxo. Aplícase a algo ou a alguén que presenta moi mal aspecto.

  • Estar que non lle colle unha palla polo cu a un. Estar moi contento e orgulloso por algunha cousa.

  • Estar que non se lambe/Estar rendido/Estar coa alma no papo. Estar moi cansado.

  • Estar raño. Aplícase ao río cando ten pouco fondo.

  • Estar retido de ventre. Ser estrinxido.

  • Estar sempre ao remo. Traballar continuamente.

  • Estar sempre na neve 1 Non ter cartos.

  • Estar sen acordo/sen cabeza. Ter pouco sentido.

  • Estar sen gonzos. Non ter forzas.

  • Estar sen tentos. Ter moito frío.

  • Estar sen un can. Non ter cartos.

  • Estar talluda. Ter unha muller moitos anos.

  • Estar tan campante. Estar alguén tranquilo e sen preocupacións cando no debería estalo.

  • Estar tocado do nabizo/do nabo 1 Estar incomodado por algo.

  • Estar todo coma o cortello dos porcos. Estar algo moi revolto e sucio.

  • Estar tomado da voz. Estar afónico.

  • Estar torcendo as liñas. Estar unha parturiente coas dores do parto.

  • Estar un día de catro rises. Estar un día de moito vento.

  • Estar un fóra de cacho. Perder alguén a razón.

  • Estar verde coma a ouca/coma os felgos/coma un allo. Estar algo fóra de sazón.

  • Estarse arrufando o aire. Aplícase ao estado atmosférico caracterizado por haber moito aire.

  • Estarse entre dúas. Estar dubidando entre dúas opcións posibles.

  • Xa (estás, está, estades...) (ti, ese, vós...). Expresións coas que se inician construcións que expresan o mal estar que produce unha persoa ou unha cousa que comeza a molestar de novo. Ex: Xa está o raio do can a ladrar outra vez!

Conxugar
VERBO estar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estou
estás
está
estamos
estades
están
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estaba
estabas
estaba
estabamos
estabades
estaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estiven
estiveches
estivo
estivemos
estivestes
estiveron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estivera
estiveras
estivera
estiveramos
estiverades
estiveran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estarei
estarás
estará
estaremos
estaredes
estarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estaría
estarías
estaría
estariamos
estariades
estarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estea
esteas
estea
esteamos
esteades
estean
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estivese
estiveses
estivese
estivesemos
estivesedes
estivesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estiver
estiveres
estiver
estivermos
estiverdes
estiveren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
está
-
-
estade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estar
estares
estar
estarmos
estardes
estaren
Xerundio estando
Participio estado

-

-

-