estar
(< lat stāre)
-
v i
Ter ou posuír un suxeito unhas determinadas calidades ou condicións.
Ex: Estou moi canso. A súa casa sempre estaba chea de merda.
-
v i
Existir ou atoparse algo ou alguén durante un certo tempo nun lugar ou situación.
Ex: Estiven na casa toda a tarde. Está en Barcelona desde os doce anos. Estaba todas as mañás sentado no sofá.
-
v i
Quedar ou sentar algo, especialmente unha peza de roupa, da maneira que se expresa.
Ex: O vestido estalle un pouco grande. Estáballe moi ben o traxe que levou á voda.
-
v i
Encontrarse algo, despois de pasar por un proceso, listo ou rematado.
Ex: Xa está o xantar?
Frases feitas
-
2 Ter unha boa recomendación.
-
Estar (me, lle...) ben. Ter merecido alguén o que lle aconteceu. Ex: Estíovoche ben!, se quedaras na casa non che pasaba.
-
Estar (metido) no allo. Estar alguén implicado en algo, normalmente nunha situación pouco clara.
-
Estar a bravo 1 Sen educación
-
Estar a rastro/polo chan. Estar o prezo de algo moi baixo.
-
Estar a. Ter algo o prezo que se expresa. Ex: As sardiñas estábanche a seis euros.
-
Estar aí posto por alguén. Aplícase a unha persoa que traballa pouco.
-
Estar chegado. Estar maduro.
-
Estar cheo coma un pélago. Estar farto de comer e beber.
-
Estar coa barriga á boca. Estar a punto de parir.
-
Estar coma as rosas. Estar guapo e gozar de boa saúde.
-
Estar coma un carabullo/un fío/un fiúncho/un pau de virar as tripas/unha argana/unha estriga/unha gumia/unha lombriga/un bacallau polo rabo/Estar na espiña/Estar feito un cascallo/un coiro/un pistraca/Estar caendo aos palancos/Estar seco como as varas dun caínzo. Estar moi delgado.
-
Estar coma unha cabra/unha caldeira/unha caldeireta/unha chiva/ unha chota/unha criba. Estar tolo e facer cousas aloucadas.
-
Estar como un palleiro. Estar todo moi desordenado.
-
Estar cos ollos no demo. Estar argallando algo malo.
-
Estar dálle que dálle 1 Traballar moito.
-
Estar de días 1 Ser o aniversario de alguén.
-
Estar de parte de. Ser partidario ou estar a favor de alguén.
-
Estar en Belén. Facerse alguén o tolo.
-
Estar en bo andar. Aplícase a un traballo ou unha obra que xa vai avanzada.
-
Estar en todo. Ter na cabeza moitas cousas á vez e non esquecerse de ningunha.
-
Estar en xebre. Estar alguén en xaxún.
-
Estar encoveirado. Estar alguén moi esbrancuxado, como se estivese morto.
-
Estar entre catro velas/Estar comendo terra/ con Deus. Estar morto.
-
Estar envoltos. Viviren xuntas dúas persoas sen estar casadas.
-
Estar esgazado/moído como o sal. Estar moi canso.
-
Estar feito á brosa/á machada. Ser moi bruto ou estar feito algo sen moito coidado.
-
Estar feito un abril/Estar para gastar unhas mangas novas. Estar alguén, normalmente de idade, moi lúcido e moi cheo de vida.
-
Estar feito un pito/un pito afogado/un pito coirés/Estar coma a lama/a pistraca/unha boira/unha troita/unha troita no río/un sapo/Estar pinganciño/pingandiño/pingando/nun pingo. Estar moi mollado.. Estar moi mollado.
-
Estar lampo. Faltarlle a alguén os dentes.
-
Estar mancado de. Atoparse enfermo por algo.
-
Estar mangado. Estar suxeito a algo.
-
Estar mexando o de arriba. Chover.
-
Estar moi mal da chola. Ter pouco sentido ou ningún.
-
Estar negro. Estar alguén moi preocupado por algo.
-
Estar no cabo do conto. Saber todo sobre un determinado asunto.
-
Estar no mundo por estar 1 Non lle quedar a alguén xa nada importante que facer na vida.
-
Estar no urco. Estar xa metido na sepultura.
-
Estar nun brete. Pasar por unha situación apurada.
-
Estar por detrás de moitas lúas. Aplícase a aquilo que custa moito conseguilo.
-
2 Estar insistindo sempre na mesma cousa.
-
2 Estar moi gordo.
-
2 Estar sen facer nada.
-
2 Faltarlle pouco a unha femia para parir.
-
2 Non ter un can.
-
2 Ter ou manifestar excitación sexual.
-
2 Aplícase ás terras que están sen traballar.
-
2 Estar alguén de santo.
-
2 Estar enfermo.
-
2 Estar un proxecto ou unha situación sen desenvolverse por completo.
-
2 Estar unha situación moi complicada.
-
2 Por moi pouquiño. Ex: O dente estalle enganchado por un fío.
-
2 Ter coñecemento dalgunha cousa.
-
2 Vir o vento da dirección que se expresa. Ex: Estache do norte e parece que vai chover.
-
2 Vivir miserablemente.
-
Estar (algo) por + inf. Estar aínda sen realizar a acción que expresa o infinitivo. Ex: Aínda temos por levantar máis de medio campo de patacas.
-
Estar (alguén) por. Ser partidario do que se expresa. Ex: Estivo por marchar da casa moitas veces. Sempre estivo polo neto máis vello.
-
Estar (moi) verde 1 Non estar unha persoa capacitada ou preparada para algo.
-
Estar a + inf/Estar a + xer. Perífrase aspectual imperfectiva que expresa que a acción que indica o segundo verbo acontece no mesmo momento do que se fala. Ex: Está todos os días a refacer o conto que escribiu. Está recordando a cada paso o que lle aconteceu.
-
Estar a ben/mal/a matar/de punta. Levárense ben/mal dúas ou máis persoas.
-
Estar a enredar. Perder o tempo.
-
Estar á escoita/á espreita. Estar en disposición de escoitar algo que interesa, para obrar logo en consecuencia.
-
Estar a lúa no couce. Estar a lúa ao final do devalo.
-
Estar a mal co seu diñeiro. Gastar todo o que se ten.
-
Estar a monte virón. Estar ignorante de algo.
-
Estar á morte/a morrer. Atoparse mal alguén. Ex: Esta noite fíxome mal a cea e estiven a morrer.
-
Estar á porta de alguén coma cantariño de auga. Facerse ilusións cunha persoa que non corresponde no amor.
-
Estar a punto aberto. Suceder unha cousa porque estaba predestinada.
-
Estar á que salta. Aproveitar calquera ocasión para realizar algo.
-
Estar á tenza de algo/alguén. Vivir a expensas de algo.
-
Estar a todo. Atender varias cousas a un tempo.
-
Estar a un pan e a un coitelo. Aplícase ao que vive mantido na casa doutro.
-
Estar a velas vir/a ver vir as cousas/Estar man sobre man/Estar ao que veña/Estar metido na cinza/Estar facendo as moscas/Estar amorrallado xunto ao lume coma can torrado. Estar sen facer nada.
-
Estar a/ó caer. Estar a piques de acontecer algo.
-
Estar a/ó caer. Estar algunha cousa a punto de acontecer.
-
Estar a/para + inf. Perífrase temporal de inminencia que expresa unha acción que está a piques de acontecer. Ex: Está a saír a nova edición do libro. Está para marchar da casa. OBS: Co verbo en pasado indica que a acción estivo a piques de acontecer pero que non aconteceu. Estiven a dicirlle toda a verdade. Estivo para ir traballar ao estranxeiro.
-
Estar abrindo a panoia/a boca/Estar nas nubes/nas patacas/nos biosbardos/ no limbo/no aire/Estar ás moscas/Estar feito un papainas/Estar na aldea e non ver as casas/Estar na horta e non ver as verzas/Estar na parra e non ver as uvas/Estar no tren que vai a Carral. Estar distraído.
-
Estar acabado dos anos. Estar unha persoa moi vella para os anos que ten.
-
Estar achiscado. Estar contento pola bebida.
-
Estar afiunzado. Firme nun propósito.
-
Estar afogado 1 Ter moito traballo.
-
Estar afrontado. Respirar con dificultade.
-
Estar ao abrigo de. Estar baixo a protección de algo.
-
Estar ao cabo. Darse conta dalgunha cousa.
-
Estar ao tanto 1 Prestar atención a algo.
-
Estar ao tanto de moitas cousas caladas. Saber alguén máis cousas do que aparenta saber.
-
Estar ao tusmo. Mostrar moita curiosidade por algo.
-
Estar apañado/aviado. Expresión que indica contrariedade. Ex: Así que pensas que mentimos, estámosche aviados! Se lles fas caso estás aviado, non sabes o problemáticos que son eses rapaces.
-
Estar ás portas da morte/Estar entre a vida e a morte/Estar entre o caldeiro e a cruz/Estar despachado de todo/ Estar nas boquexadas/Estar nas últimas/dando as últimas/Estar como ha de ir/Estar no cabo (dos seus días)/Estar cun pé na cova/Estar en tránsito/transo. Estar a punto de morrer.
-
Estar ata as orellas. Non aguantar máis unha situación.
-
Estar atado aos cartos. Ser un avarento.
-
Estar atado de pés e mans. Non poder actuar nin facer nada. Ex: Non podo facer nada porque neste caso estou atado de pés e mans.
-
Estar atrollado/ enlagado. Pasar alguén por serias dificultades.
-
Estar avesío. Estar un día húmido e neboento.
-
Estar ben caído nun oficio. Sacarlle proveito a un traballo.
-
Estar ben calzado 1 Estar unha persoa moi borracha.
-
Estar ben forrado. Ter moitos cartos.
-
Estar ben sabido de algo. Ter a certeza dalgunha cousa.
-
Estar ben sentado coma bo torrón. Aplícase á árbore que está ben enraizada.
-
Estar botando as mantas no hospital. Ser unha persoa moi entremetida.
-
Estar co pé na estribeira/Estar coas esporas postas. Estar disposto para facer algo.
-
Estar co pé no estribo. Andar sempre en danza.
-
Estar coa alma nun fío. Estar moi preocupado por algunha cousa.
-
Estar coa boca aberta. Estar apampado.
-
Estar coa casca no cu. Ter alguén pouca experiencia ou madureza en algo.
-
Estar coa volta/Estar coma un río. Ter diarrea.
-
Estar coma a/unha noite. Estar moi triste.
-
Estar coma na man. Estar ou ter algo seguro.
-
Estar coma o mel na ola. Aplícase ao estado do ceo cando está moi nubrado.
-
Estar coma un baluro/un bazuncho/un bocoi/un rebolo/un zoncho. Estar moi gordo.
-
Estar coma un buxo/un carballo/ Estar forte coma un breu. Estar moi forte.
-
Estar coma un odre 1 Estar farto de comer e beber.
-
Estar como unhas castañolas/Estar de xolda. Estar moi contento.
-
Estar con bo pé. Ter boa sorte.
-
Estar consumido. Ter mal aspecto por mor dunha enfermidade.
-
Estar cortados pola mesma tesoira/polo mesmo patrón. Ser moi parecidas dúas persoas no físico ou na maneira de actuar.
-
Estar cos ollos abertos. Estar atento e preparado por se acontece algo.
-
Estar cosido. Aplícase a quen come moito e non engorda.
-
Estar cuco. Estar guapo.
-
Estar dado a todos os demos/Estar aceirado/Estar de escorna a cabra/Estar de fociños/Estar de mala gaita/Estar de malas/Estar enteiroado/Estar que pisa en mala herba/Estar que bota escuma pola boca/Estar un que bota fume/que fende as nubes/que rabea/Estar levado da breca/do(s) demo(s). Estar alguén moi enfadado por algo.
-
Estar daquela maneira. Que non está demasiado ben.
-
Estar de 1 Presentar o tempo, o día, etc as características propias da época ou da estación que se expresa. Ex: Estache un día de verán.
-
Estar de bo ano. Ter bo aspecto.
-
Estar de cansavacas. Non ter ganas de facer nada.
-
Estar de chanza/de chola/de chos/de xenio. Estar de bo humor.
-
Estar de concello. Estar sempre falando.
-
Estar de corpo presente. Estar un morto no ataúde, aínda sen enterrar.
-
Estar de Deus que. Estar algo predestinado a que aconteza dunha forma determinada.
-
Estar de máis. Sobrar alguén.
-
Estar de moi bo ano. Ter alguén boa sorte.
-
Estar de orella. Gardar cama unha persoa
-
Estar de pé atrás. Desconfiar de alguén.
-
Estar de poulo. Estar unha extensión de terreo sen traballar.
-
Estar de volta de. Ter alguén experiencia nun determinado tema ou problema.
-
Estar descalzo de pé e perna/Estar feito un bo garranfañas. Ser alguén moi pobre.
-
Estar descontando/
-
Estar doente 1 Estar moi incomodado.
-
Estar dun día para outro/Estar dunha hora para outra 1 Faltarlle a alguén pouco para morrer.
-
Estar en brasas. Estar desacougado.
-
Estar en cabelo. Andar co cabelo solto.
-
Estar en carnes/en coiros. Estar alguén espido.
-
Estar en danza. Andar dun lado para outro por algún motivo importante.
-
Estar en pé de guerra. Estar preparado para realizar unha acción co fin de defenderse de algo ou de alguén.
-
Estar enchoiado/lévedo/cego por alguén. Estar namorado doutra persoa.
-
Estar encotrado. Estar algo moi cheo de sucidade.
-
Estar entre a bigornia e o martelo/Estar entre a porta e a pecheira/Estar entre o eixe e a roda/Estar co barazo/Estar coa corda ao pescozo/Estar coa auga ata a boca/Estar coma tres nunha bouza cun zapato/Estar na bouza sen zocos nin zapatos. Pasar alguén por unha situación apurada.
-
Estar entre dúas augas. Estar alguén dubidando entre dúas ou máis opcións que se poden elixir e que se presentan nunha situación determinada.
-
Estar falando con Deus. Estar alguén xa morto.
-
Estar feito de fel e vinagre. Ser alguén moi propenso a encolerizarse.
-
Estar feito un can/unha fera brava. Estar rabioso.
-
Estar feito unha uva/Estar coma unha uva/unha cuba/un bocoi. Estar moi borracho.
-
Estar gardada para un. Aplícase a aquela situación, normalmente mala, que estaba predestinada para alguén.
-
Estar limpo de po e palla. Non ter nada que ver nun asunto.
-
Estar na agulla o pan. Aplícase a aquilo que xa acabou de xerminar.
-
Estar na cama. Estar enfermo.
-
Estar no cu do mundo. Estar algo moi lonxe.
-
Estar no papo/no talego. Dar por feita unha cousa.
-
Estar no seu acordo. Ter alguén ben o entendemento.
-
Estar nun tris (que). Faltar pouco para que aconteza algo.
-
Estar ou ao vado ou á ponte. Non estar as dúas cousas ao mesmo tempo.
-
Estar para pouco. Non estar unha persoa para moitos trotes.
-
Estar pensando na morte da ovella e non saber de qué mal morreu ela/na morte da burra. Estar alguén embobado.
-
Estar polas nubes unha cousa. Ser algo moi caro.
-
Estar polo mar. Estar alguén moi anoxado.
-
Estar por tras da cortina. Dirixir algo sen que se saiba.
-
Estar por un fío 1 Presentar algo unha condición precaria.
-
Estar porta con porta. Seren veciñas dúas persoas.
-
Estar prestes a. Estar preparados para facer algo.
-
Estar que arde 1 Estar alguén moi enfadado.
-
Estar que dá noxo. Aplícase a algo ou a alguén que presenta moi mal aspecto.
-
Estar que non lle colle unha palla polo cu a un. Estar moi contento e orgulloso por algunha cousa.
-
Estar que non se lambe/Estar rendido/Estar coa alma no papo. Estar moi cansado.
-
Estar raño. Aplícase ao río cando ten pouco fondo.
-
Estar retido de ventre. Ser estrinxido.
-
Estar sempre ao remo. Traballar continuamente.
-
Estar sempre na neve 1 Non ter cartos.
-
Estar sen acordo/sen cabeza. Ter pouco sentido.
-
Estar sen gonzos. Non ter forzas.
-
Estar sen tentos. Ter moito frío.
-
Estar sen un can. Non ter cartos.
-
Estar talluda. Ter unha muller moitos anos.
-
Estar tan campante. Estar alguén tranquilo e sen preocupacións cando no debería estalo.
-
Estar tocado do nabizo/do nabo 1 Estar incomodado por algo.
-
Estar todo coma o cortello dos porcos. Estar algo moi revolto e sucio.
-
Estar tomado da voz. Estar afónico.
-
Estar torcendo as liñas. Estar unha parturiente coas dores do parto.
-
Estar un día de catro rises. Estar un día de moito vento.
-
Estar un fóra de cacho. Perder alguén a razón.
-
Estar verde coma a ouca/coma os felgos/coma un allo. Estar algo fóra de sazón.
-
Estarse arrufando o aire. Aplícase ao estado atmosférico caracterizado por haber moito aire.
-
Estarse entre dúas. Estar dubidando entre dúas opcións posibles.
-
Xa (estás, está, estades...) (ti, ese, vós...). Expresións coas que se inician construcións que expresan o mal estar que produce unha persoa ou unha cousa que comeza a molestar de novo. Ex: Xa está o raio do can a ladrar outra vez!
Palabras veciñas
estapedectomía | Estaquería, La | estar | estar | estarabouzar | estarabouzo | EstaribelIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estou
estás
está
estamos
estades
están
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estaba
estabas
estaba
estabamos
estabades
estaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estiven
estiveches
estivo
estivemos
estivestes
estiveron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estivera
estiveras
estivera
estiveramos
estiverades
estiveran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estarei
estarás
estará
estaremos
estaredes
estarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estaría
estarías
estaría
estariamos
estariades
estarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estea
esteas
estea
esteamos
esteades
estean
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estivese
estiveses
estivese
estivesemos
estivesedes
estivesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estiver
estiveres
estiver
estivermos
estiverdes
estiveren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
está
-
-
estade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estar
estares
estar
estarmos
estardes
estaren
-
-
-