Estaribel, Teatro do

Estaribel, Teatro do
[ESPECT]

Compañía de teatro en réxime de cooperativa creada en 1980 polos colectivos Troula, Antroido e Andrómena co obxectivo de promover o desenvolvemento de unidades estables de produción e distribución teatral e potenciar o proceso de profesionalización do teatro galego iniciado en 1978. O seu único espectáculo foi Bailadela da morte ditosa, sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño e dirixido por Eduardo Alonso.

Palabras veciñas

estarabouzar | estarabouzo | Estaribel | Estaribel, Teatro do | estarosta | estarostía | Estarque Casás, Fernando