estatuto
(< lat statūtu)
-
s
m
Conxunto de normas que rexen a actividade dunha institución, sociedade, corporación, asociación, comunidade, confraría ou calquera outra persoa xurídica de carácter asociativo. O estatuto debe recoller a denominación da sociedade, o seu fin social, a súa estrutura, e a misión, forma e condicións de participación de cada un dos seus órganos nas actividades da organización.
-
estatuto de autonomía
Norma institucional, con rango de Lei orgánica, fundamental de cada comunidade autónoma. Por regra xeral debe conter: a) denominación da comunidade autónoma que mellor corresponda á súa identidade histórica; b) delimitación do seu territorio; c) denominación, organización e sede das institucións propias; e d) competencias asumidas. Para a súa promulgación, así como para a súa reforma, é precisa a aprobación das Cortes Generales.