estearato

estearato

(< esteárico + -ato ‘sal’)

s m [QUÍM]

Sal ou éster do ácido esteárico. A substitución do hidróxeno terminal do ácido esteárico por metais (C17H35COOM) dá lugar á formación de sales ou de xabóns, e cando se substitúe por grupos alquilo ou arilo, fórmanse ésteres (C17H35COOR). Os sales alcalinos do ácido esteárico son solubles en auga e empréganse como deterxentes, emulsionantes e catalizadores.

Palabras veciñas

esteada | 1 estear | 2 estear | estearato | esteárico -ca | estearina | esteatita