estearina
estearina
(
s
f
[QUÍM]
Substancia que forma parte da maioría das graxas sólidas vexetais e animais, especialmente do sebo. Pódese obter por reacción do ácido esteárico con glicerol en presenza do Al2O3. É incolora, insípida, soluble en etanol e cloroformo e insoluble en auga. Emprégase na fabricación de candeas e xabóns, no puído de metais e tamén como impermeabilizante en industrias téxtiles e papeleiras. Tamén recibe o nome de triestearina.