estequiometría

estequiometría

(< grστοιχεῐον ‘elemento’ + -metría)

  1. s f [QUÍM]

    Rama da química que estudia as relacións numéricas segundo as que reaccionan os elementos ou os compostos para formar unha nova combinación. As relacións estequiométricas veñen dadas pola lei das proporcións recíprocas ou de Richter (1792), a das proporcións definidas ou de Proust (1801), a das proporcións múltiples de Dalton (1803) e a dos volumes de combinación ou de Gay-Lussac (1808). Os fundamentos da estequiometría derivan, principalmente, das investigacións de K. F. Wenzel e J. B. Richter e dos traballos de Berzelius.

  2. s f [QUÍM]

    Relación numérica entre as masas dos elementos que forman unha substancia e as proporcións en que se combinan os elementos ou compostos nunha reacción química.

Palabras veciñas

estepario -ria | estepicursor -ra | Estepona | estequiometría | estequiométrico -ca | éster | Ester