estilización
estilización
(< estilizar)
-
s
f
Acción e efecto de estilizar.
-
s
f
[ESPECT]
Movemento teatral que procuraba unha nova visión da teatralidade, próxima ao simbolismo. Foi desenvolvido por directores e creadores teatrais próximos a esta corrente estética, como Adolphe Appia, Vsevolod Meyerhold, Adrià Gual ou Cipriano de Rivas Cheriff. En Galicia, este movemento estivo representado por Xaime Quintanilla na súa obra Alén (1921), e foi reivindicado por Xesús Bal y Gay no seu estudo Hacia el ballet gallego (1924) e por Rafael Dieste en diversos traballos publicados en El Pueblo Gallego.