Estilo

Estilo
[PUBLIC]

Revista literaria editada en Barcelona nos anos 50 polo Sindicato Español Universitario (SEU) e dirixida por Eugenio Fuentes Martín, e posteriormente por Francisco Farreras. Publicouse coa finalidade de suplir a falta de páxinas literarias do diario falanxista Arriba e pertenceu ao sector máis crítico do réxime. Nas seccións “Poetas universitarios” ou “Poetas en los claustros” colaboraron os poetas da Xeración dos 50. O seu carácter polémico acrecentouse cun artigo asinado en 1949 polo crítico José Mª Castellet cunha recensión da obra de Simone de Beauvoir Le deuxième sexe, na que se defendía a igualación da muller co home. Castellet foi expulsado da revista e aumentou o rexeitamento sobre calquera aspecto progresista. Deste xeito, dende 1950 e ata a súa desaparición converteuse en boletín da Falange e centrouse nas actividades do SEU.