estilo
(
-
s
m
Punzón co que na Antigüidade se escribía nas táboas enceradas.
Sinónimos: estilete. -
s
m
Gnomon ou agulla dun reloxo de sol.
-
s
m
-
[LIT]
Maneira particular dun autor ou orador de expresar o pensamento na linguaxe oral ou escrita; non pola referencia ao que é esencial ou permanente na lingua, senón polo que pertence aos elementos accidentais e variables dun léxico, dunha particularidade de formar, combinar, estruturar e ligar os xiros, as frases, as cláusulas, os períodos, etc. En todas as épocas houbo tratadistas de estilo. Os retóricos antigos e os tratadistas dende o Renacemento ata o romanticismo, divídeno en sinxelo, temperado ou sublime, e aplicánlle moitos adxectivos segundo os diferentes xéneros aos que podía pertencer: epistolar, didáctico, oratorio, festivo, irónico, cómico, patético, florido, elegante, grandilocuente, etc. Así mesmo, denominouse asiático, ático, lacónico, etc, dependendo dos pobos que lle desen forma.
-
[ARTE]
Carácter propio das obras dun artista. Como estilo interno e forma característica e privativa dun autor, vén sendo como un selo da súa personalidade e, menos suxeito a modas ou épocas, converte a quen o posúe nun clásico de todos os tempos.
-
Conxunto de características orixinais que distinguen unha escola, período artístico, nación ou época determinada,e que segundo uns determinados medios de execución permiten identificar e individualizar esas obras.
Ex: Ese cuadro é de estilo neoclásico.
-
Xeito ou maneira de actuar ou comportarse característica e distintiva dunha persoa ou colectividade.
Ex: Gústame o seu estilo de vida. Sempre fala cun estilo moi afectado.
-
Gusto, elegancia ou distinción que manifesta unha persoa ou cousa.
Ex: A casa está decorada con moito estilo.
-
[LIT]
-
[LING/LIT]
-
estilo directo
Reprodución literal das palabras doutra persoa, sen introducir cambios gramaticais. En novela, transcrición literal do que di un personaxe. Por exemplo un enunciado en estilo directo sería: Ela dixo: “Non quero ir”.
-
estilo indirecto
Reprodución non literal das palabras doutra persoa, introducida mediante un subordinante, xeralmente que. Por exemplo, un enunciado en estilo indirecto sería: Ela dixo que non quería ir.
-
estilo directo
-
s
m
[DEP]
Conxunto de xestoformas que definen unha maneira concreta e regulamentada de executar un exercicio deportivo ou participar nunha competición.
-
s
m
[BOT]
Prolongación filiforme do ovario que sostén o estigma. No caso dun pistilo pluricarpelar, pode ser único ou pode haber tantos estilos como carpelos, libres ou máis ou menos concrescentes.
-
s
m
[INFORM]
Tipo de letra especial dentro dunha determinada fonte, por exemplo normal, negra ou cursiva.
Frases feitas
-
De estilo. Que pertence a un estilo ben definido.
-
Polo estilo. De igual maneira, de forma parecida.