Estilo Internacional

Estilo Internacional

Nome outorgado por H. R. Hitchcock e P. Johnson en 1932 á arquitectura racionalista de, entre outros, Le Corbusier, W. Gropius e Mies van der Rohe. Caracterízase pola composición asimétrica con volumes conseguidos polos planos ortogonais, a eliminación da decoración, o desenvolvemento de estruturas metálicas reticulares que conforman plantas libres e o emprego de grandes ventás. En Europa o termo refírese aos valores da arquitectura vangardista do período de entreguerras, mentres que nos EE UU aplícase aos valores formais. En España adoitárono, a partir de 1950, entre outros, A. de la Sota, F. J. Sáenz de Oiza, J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún.

Palabras veciñas

estilo | Estilo | Estilo Galicia | Estilo Internacional | estilóbata | estilográfica | estilográfico -ca