estradiol

estradiol
Nome científico: [estra-1,3,5(10)-trien-3,17 &#946;-diol:C<sub> 18</sub> H<sub> 24</sub> O<sub> 2</sub> ]
s m [BIOQ]

Principal estróxeno presente no fluído folicular do ovario e nos ouriños das xestantes. É o responsable do desenvolvemento dos caracteres femininos secundarios e participa no control do ciclo menstrual. Adminístrase en forma de éster para a protección temporal do grupo hidroxilo situado na posición 17β, da oxidación tanto bacteriana como enzimática. A adición dun grupo alquilo na posición 17α fai que a protección do hidroxilo sexa permanente.

Palabras veciñas

estradense | Estradense, El | Estradense, El | estradiol | estradiote | estrado | estradoira