Etolia

Etolia

Antigo estado situado na parte occidental da Grecia Central, que limitaba ao N co Epiro, ao S co golfo de Corinto, ao L coa Lócrida e ao O co río Aqueloos. Malia a súa pobreza e o afastamento das rutas comerciais, a rexión subsistiu principalmente pola súa potencia militar e a piratería. As súas cidades constituíron a Liga Etolia no 324 a C, á que se adheriron paulatinamente outros estados. Trala conquista romana de Grecia (167 a C), a asemblea disolveuse e o estado integrouse na provincia romana de Acaia.