etolio -lia

etolio -lia

(< lat Aetholiu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo etolio, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo etolio.

  3. s m pl [ETN/HIST]

    Pobo de orixe doria que habitou na rexión occidental da Grecia Central. Durante a Guerra do Peloponeso resistiu os ataques dos atenienses e, posteriormente, enfrontouse a Alexandre o Grande.

  4. s m [LING]

    Dialecto grego que pertence ao grupo noroeste.

Palabras veciñas

Etolia | Etolia, Liga | etólico -ca | etolio -lia | etólogo -ga | etoloxía | etolóxico -ca