Eufrasio/Eufrasia

Eufrasio/Eufrasia
[ONOM]

Antropónimo latino, xentilicio da comarca do río Éufrates en Mesopotamia, que significa ‘persoa alegre’. O nome feminino corresponde a un substantivo grego, euphrasía (ε ὐϕ ρασία) ‘alegría, sentimento festivo’. Santo Eufrasio (s I) foi un dos primeiros bispos que os cristiáns de Roma mandaron a Hispania. Santa Eufrasia (380-410?) foi unha virxe de Constantinopla que se retirou á Tebaida exipcia.

Palabras veciñas

Eufránor de Corintio | eufrasia | Eufrasio, santo | Eufrasio/Eufrasia | Éufrates | Eufrón | Eufronio