Euromarfor

Euromarfor
Nome científico: [Forza Marítima Europea]

Forza multinacional constituída durante o Consello de Ministros da Unión Europea celebrado en Lisboa en maio de 1995. Os titulares dos ministerios de Defensa e Asuntos Exteriores de Francia, Italia, España e Portugal acordaron a creación dunha forza marítima con capacidade aeronaval e anfibia, previamente estruturada e sen carácter permanente. Pode actuar, de igual xeito que a Eurofor, de forma independente ou conxunta en misións humanitarias, de evacuación, de mantemento ou imposición da paz e na xestión de crises. O seu mando está dividido entre un comandante, nomeado por quenda bianual entre os almirantes das flotas dos países participantes e encargado da súa reunión e preparación; un comandante táctico, designado para cada misión; e unha célula permanente do Estado Maior, integrada por un oficial de cada país participante. A súa primeira activación produciuse en abril de 1996 na baía de Palma de Mallorca e o seu primeiro cuartel xeral situouse na base gaditana de Rota.

Palabras veciñas

euroescepticismo | euroescéptico -ca | Eurofor | Euromarfor | euromercado | euromísil | Europa