evaporador -ra
evaporador -ra
(< evaporar)
-
adx
Que evapora.
-
s
m
[QUÍM]
Aparato que se emprega na concentración de solucións por evaporación do disolvente. Fundamentalmente ten a estrutura dun intercambiador de calor, tubular ou con camisa de vapor. Para as substancias termicamente inestables empréganse os evaporadores de película axitada, nos que se distribúe o líquido pola superficie de calefacción mediante un axitador, co fin de aumentar a transmisión de calor e obter unha maior evaporación cun pequeno aumento de temperatura e un reducido tempo de paso polo aparato.