Evanxeos da risa absoluta, Os

Evanxeos da risa absoluta, Os
[ESPECT/LIT]

Texto dramático publicado en 1934 por Antón Villar Ponte, que o presentou como un folk-drama, e que supuxo a concreción literaria de toda unha teoría sobre un teatro nacional. Partiu das achegas realizadas polos dramaturgos angloirlandeses John Millington Synge e William Butler Yeats e da pegada de Ramón María del Valle-Inclán. A peza mostra unha Galicia máxica de entreséculos. Trátase dun dos textos máis interesantes da creación dramática anterior á Guerra Civil, na que agroma con forza unha materia dramática rica e complexa, fortemente asentada na tradición popular galega e onde realismo, simbolismo e expresionismo se mesturan.

Palabras veciñas

evanxelización | evanxelizar | Evanxeo | Evanxeos da risa absoluta, Os | evaporable | evaporación | evaporador -ra