evaporación

evaporación

(

s f [QUÍM]

aporización dun líquido na superficie que o separa da fase gasosa coa que se atopa en contacto. A evaporación débese á axitación térmica das moléculas do líquido e ten lugar mentres a presión parcial destes compoñentes na fase gasosa é inferior á presión de saturación. Industrialmente, aplícase a evaporación á concentración de solucións, eliminando unha parte do disolvente (xeralmente auga), para a obtención de substancias orgánicas de produtos naturais, para a separación de substancias que se obteñen por reaccións químicas en solución ou ben existentes en solucións naturais, para a conservación de produtos orgánicos ou, simplemente, para obter unha solución máis concentrada. A evaporación ten lugar nuns aparatos denominados evaporadores, e distínguese a evaporación de efecto simple, cando o paso da solución polo evaporador representa a operación completa, e a evaporación de efecto múltiple, cando se divide a operación en diversas fases en cada unha das cales se emprega como medida de calefacción o vapor que se produce na anterior ou na posterior. Un tipo especial é a evaporación flash ou instantánea, na que se quenta o líquido a unha temperatura superior á de ebulición a presión normal, pero manténdoo a unha presión superior, o que evita que se inicie a evaporación; despois descomprímese bruscamente e prodúcese a evaporación instantánea. Utilízase especialmente na obtención de auga destilada a partir de auga de mar.