exacto -ta

exacto -ta

(< lat exactu)

  1. adx

    Que é igual ou se corresponde fielmente coa realidade ou co modelo.

    Ex: Ese moble é exacto ó meu.

  2. adx

    Que está medido ou calculado con precisión de xeito que non sobra nin falta nada.

    Ex: Teslle que botar a cantidade exacta de azucre.

  3. adx

    Que é o adecuado ou conforme ao debido.

    Ex: Non atopaba o nome exacto daquela planta.

  4. adx

    Que é certo ou que se expresa axustándose á verdade.

    Ex: Aqueles datos non eran exactos. Para ser exacto, cheguei ás doce e un minuto.

  5. adv

    Indica que é certo o que se dixo anteriormente. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    Ex: Exacto, esa é a razón pola que non vou.