exaculación
exaculación
(< exacular)
-
s
f
[FISIOL]
Acción e efecto de exacular.
-
exaculación precoz
[FISIOL]
Disfunción sexual masculina consistente na expulsión prematura do seme, durante o coito, antes ou inmediatamente despois da penetración. Pode ter unha orixe psicosomática, relacionada coa ansiedade ou a inseguridade e inexperiencia do individuo, ou unha orixe física, debida a unha hipersensibilidade do glande ou a unha velocidade anormal na resposta nerviosa á excitación.
-
exaculación retrógrada
[PAT]
Emisión de seme de percorrido inverso ao habitual, xa que o esperma, en vez de ser expulsado cara ao exterior, se dirixe cara á vexiga urinaria. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].