Exposición Filatélica Nacional

Exposición Filatélica Nacional
Nome científico: [EXFILNA]

Mostra anual de filatelia que constitúe o Campionato de España de Filatelia, organizada, co patrocinio da Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, polo grupo filatélico local que designe a Federación Española de Sociedades Filatélicas (FESOFI). A primeira edición da EXFILNA tivo lugar en 1972. Con anterioridade, dende 1963, celebráronse certames similares, co nome de xornadas, semanas ou asembleas e exposicións filatélicas, como a organizada en Santiago de Compostela en 1965, co gallo do Ano Santo Xacobeo. A EXFILNA celebrouse en Galicia en dúas ocasións: en 1976 na Coruña e en 2001 en Vigo. Dende 1985 o servizo filatélico de Correos emite unha folla-bloque conmemorativa. En 1991 asinouse un protocolo entre a FESOFI e a Federação Portuguesa de Filatelia, que permite a participación na EXFILNA dos seus asociados.