exposímetro
exposímetro
(
-
s
m
[IND/ARTE]
Instrumento, que ao igual que o fotómetro permite calcular a exposición correcta, encargado de medir a luz que cae ou reflicte un obxecto ou motivo fotográfico. Consta dun miliamperímetro e dun elemento fotoeléctrico para medir a cantidade de luz reflectida por unha imaxe e calcular, así, o tempo correcto de exposición.
-
exposímetro acoplado
[IND/ARTE]
Aparato unido aos circuítos eléctricos da cámara de xeito que ofrece directamente as lecturas correctas.
-
exposímetro tipo spot
[IND/ARTE]
Aparato de ángulo pequeno empregado para realizar lecturas precisas de calquera área pequena do motivo a fotografar.