Expósito

Expósito
  1. [ONOM]

    Apelido que vén do latín exposĭtu ‘exposto’; o emprego que tivo como apelido administrativo responde á necesidade de pórlles apelido aos fillos de pais non coñecidos.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, un dragón de sinople, ao que atacan dous cabaleiros armados de lanza. Outra variante leva, en campo de azul, un castelo de ouro, superado de tres aguias de sable.